Revisión dos Estatutos Colexiais
Comunicado
Circular de Secretaría 42/2011
A Xunta de Goberno, ven de crear unha comisión que coordinará o proceso de refundación e de renovación estatutaria do Colexio de Arquitectos de Galicia, un proceso de renovación que xurde paralelo ao aberto dende o Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España, que nos levará a todos a un novo horizonte profesional e a optimizar o papel que os Colexios Profesionais xogan nese futuro laboral.
Todos os colexiados están chamados a participar na elaboración de propostas, e para elo é preciso que nun primeiro momento tratedes de facernos chegar as vosas ideas, tanto para as particularidades do noso Colexio como para facer chegar ao CSCAE.
A comisión está formada por:
- José J. Vázquez Iglesias, Presidente da Delegación de Ourense, que exercerá como Presidente da Comisión.
- Pablo Noya Vázquez, Vogal de Xunta de Goberno.
- Ana Domínguez Laiño, Presidenta da Delegación de Santiago.
- Raúl J. Veiga Lamelas, Presidente da Delegación de Lugo.
Envío de propostas
O proceso estará sempre aberto, e as reunións periódicas que se realizarán a tal efecto serán públicas e de acceso libre, ademais de que se poida contactar con calquera dos membros da comisión.
A dirección para o envío de propostas é: refundacionestatutaria@colexiodearquitectos.org
Documentos de apoio
- Estatutos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
- Estatutos xerais dos colexios oficiais de arquitectos e seu consello superior
- Programa de actuación 2011 del CSCAE. Novembro 2010.
- Balance e conclusións do IV Congreso de Arquitectos, celebrado en Valencia en xullo de 2009
- Lei ómnibus estatal 25/2009 de 22 de decembro de modificación de diversas leis para súa adaptación a lei sobre o libre acceso as actividades de servizos e seu exercicio
- Lei ómnibus galega 1/2010 de 11 de febreiro modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/ce do parlamento europeo e do consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior
- Real Decreto 1000/2010, de 5 de agosto, sobre visado colexial obrigatorio
- Plan Estratéxico do Colexio de Arquitectos
Inicio de sesión
Pode iniciar sesión neste portal co usuario e seña que usa habitualmente na web colexial (http://www.coag.es).
Se experimenta algún problema para iniciar sesión non repare en contactar con informatica@colexiodearquitectos.org.